Loading...
Inicio / Desafíos / DESAFÍO 1

DESAFÍO 1 53

Propoñémosvos un desafío matemático no que imos premiar a vosa creatividade.

Escolle un número ou unha sucesión e representádea da forma máis espectacular e orixinal posible.

Só tendes que mandarnos un vídeo que terá que cumprir os seguintes requisitos:

  • Duración máxima de tres minutos.
  • Formato de vídeo: MP4, .AVI, .MPG, .MOV, .FLV, .WMV.
  • Non utilizar música nin imaxes que infrinxan os dereitos de autor.
  • Debe incluír unha pequena explicación onde nos contedes o motivo da vosa elección e a importancia desa cifra ou sucesión.
  • Unha imaxe fixa ou en movemento da vosa representación do número.
  • Valorarase positivamente se no voso vídeo se inclúe información do proceso de construción.

Algunhas ideas?

  • Sucesión de Fibonacci con persoas.
  • Pi con persoas colocadas en grupos.
  • Pezas de Lego recreando un número en 3D.
Share

Comments are closed.