Loading...
Inicio / Desafíos / DESAFÍO 2

DESAFÍO 2 21

Propoñémosvos un desafío matemático no que imos premiar a vosa creatividade e habilidade construtiva.

Creade un flexágono e mandádenos un vídeo que debe cumprir os seguintes requisitos:

  • Duración máxima de tres minutos.
  • Formato de vídeo: MP4, .AVI, .MPG, .MOV, .FLV, .WMV
  • Non utilizar música nin imaxes que infrinxan os dereitos de autor.
  • Debe incluír unha pequena explicación onde nos contedes o motivo da vosa elección.
  • Secuencia do vídeo no que se vexan todas as caras do flexágono.
  • Valorarase positivamente se no voso vídeo se inclúe información do proceso de construción.

Algunhas ideas?

  • Pintar de cores distintos para que sexa máis espectacular.
  • Intentar facer un flexágono o máis orixinal posible.
  • Non escoller flexágonos demasiado complexos. É máis importante unha correcta construción.
Share

Comments are closed.