Loading...
Inicio / Desafíos / DESAFÍO 3

DESAFÍO 3 16

Propoñémosvos un desafío matemático no que imos premiar a vosa creatividade e habilidade construtiva.

Creade un anamorfismo e mandádenos un vídeo que debe cumprir os seguintes requisitos:

  • Duración máxima de tres minutos.
  • Formato de vídeo: MP4, .AVI, .MPG, .MOV, .FLV, .WMV
  • Non utilizar música nin imaxes que infrinxan os dereitos de autor.
  • Debe incluír unha pequena explicación onde nos contedes o motivo da vosa elección (tanto da técnica como do motivo representado).
  • Unha imaxe fixa ou en movemento que nos permitan apreciar o anamorfismo. É importante que se vexa tanto a imaxe distorsionada como a correxida.
  • Non se admitirá como válido ningún vídeo que non inclúa a visión da imaxe desde dous puntos de vista na que se aprecie correctamente o efecto do anamorfismo.
  • Valorarase positivamente si no voso vídeo se inclúe información do proceso de construción.

Algunhas ideas?

  • Imaxe no chan con cinta adhesiva.
  • Imaxe vídeo proxectada sobre unha esquina da aula.
  • Debuxo en papel dun anamorfismo utilizando como elemento distorsionador un obxecto.
  • Un mural pintado.

Comments are closed.